Buscan o corpo de Sonia Iglesias nunha propiedade da súa parexa

PONTEVEDRA> A Policía Xudicial desprazábase, a primeira hora de este martes, ata uns terreos próximos ao Cemiterio de San Mauro, en Pontevedra. Concretamente os axentes están a buscar o corpo de Sonia Iglesias, a pontevedresa que desapareceu sen deixar rastro, en agosto do 2010. Os terreos pertencen a vivenda, propiedade de Julio Araújo, parella e pai do fillo que ambos teñen en común. Araújo foi o principal sospeitoso da desaparición de esta pontevedrasa, que contaba con 37 anos no momento da súa desaparición. Polo de agora fontes da investigación sinalan que o home non está detido.
Os axentes basean a súa investigación nun análise con xeorradar da zona traseira da casa, ademais do baleirado do pozo que pose a propiedade. Hai tan só uns minutos uníronse as tarefas os bombeiros de Pontevedra.