PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra asegura que o convenio coa consultora medioambiental SOGAMA evoluciona favorablemente e que está previsto que o rematen nesta semana. O acordo económico do pago da débeda, que se reducía finalmente a algo máis de 5 millóns de euros, non ten que pasar, segundo informa o grupo de goberno, por un pleno consistorial e tan só queda que sexa revisado por parte da asesoría xurídica e da intervención municipal.
En relación á Xunta de Goberno que se celebraba esta mañá tamén se fixo pública a concesión de axudas á 16 entidades do Concello de Pontevedra para a realización de actividades culturais concretas ou do mantemento das mesmas durante todo o ano. A partida económica ascende a un total de 27.700 euros que se dividen en cantidades entre os 600 e os 3.000 euros para cada unha das asociacións.
Así mesmo o Concello aprobaba a compra de material técnico por valor de case 33.800 euros para a gravación e difusión das sesións dos plenos de Pontevedra, así como doutros eventos puntuais que o requiran. Trala incorporación neste ano 2015 da gravación de vídeos que posteriormente se colgan na súa páxina web, a adquisición dun equipo propio que empregarán os funcionarios do Concello coa axuda do departamento de Comunicación, proporcionará, segundo palabras do portavoz do BNG, Raimundo González, unha mellora no funcionamento e na transparencia da institución.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/xunta_goberno_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/28/Xunta_goberno_pontevedra.mp4{/flowplayer}