VILAGARCÍA> O pósito carrilexo solicita a Consellería do Mar a ampliación da rula e a ampliación da planta superior da mesma, na que se crearían aulas e oficinas. O Patrón Maior de Carril, afirmou a cámara de esta casa que non se debería esperar moito para acometer esta mellora, cando segundo él mesmo afirmou estamos a falar da rula máis rentable da Ría de Arousa. Dende hai anos a Confraría de Carril solicita unha ampliación da súa rula. O Patrón Maior mantivo unha reunión con representantes da Consellería do Mar para recuperar esta necesidade histórica para o pósito. Unha ampliación do espazo físico da “obsoleta” sala de poxas ou a mellora da planta superior son os principais obxectivos para esta renovación.
Segundo Villanueva o pósito non pode facerse cargo só de todas as necidades que plantexa a instalación, xa que ademais precisa un arranxo no tellado e presenta importantes deficiencias estruturais. Tras saír con moi boas sensacións de este encontro entre pósito e Mar, o Patrón Maior de Carril sinala o seguinte.
Inicio crb