Seis detidos nunha redada en O Vao

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/11/redada_vao.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/11/redada_vao.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> Redada da Garda Civil no poboado chabolista de O Vao, en Poio. Máis dunha trintena de axentes participaron no amplo operativo antidroga, que se saldou coa detención de seis persoas. Todos están acusados de delitos contra a saúde pública por dedicarse, presuntamente, ao trapicheo de estupefacientes.

    Durante máis de catro horas os axentes da Garda Civil tomaron o poboado chabolista de O Vao. No marco do operativo, máis de trinta efectivos rexistraron dúas vivendas co resultado de seis persoas detidas e a incautación de substancias estupefacientes, cartos e armas.

    A droga atopada eran pequenas cantidades de cocaína, que se transformaría en 54 doses na venda ao menudeo. Tamén levaron útiles que normalmente se empregan na preparación da droga, ademais de básculas de precisión. Durante os rexistros, a Garda Civil incautouse de máis de 500 euros en billetes fraccionados de diverso valor, xoias, reloxos e tres armas de fogo: unha escopeta de caza con munición, unha carabina de fogueo e unha de aire comprimido. Tamén se localizaron tres machadas de grandes dimensións e dous vehículos de gama media-alta.

    A operación estivo coordinada polo Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, e é consecuencia dunha investigación que se remonta ao mes de febreiro e que ten como obxectivo determinar a orixe e a procedencia dun total de 17 incautacións de droga realizadas polas forzas de seguridade a consumidores eventuais na contorna do poboado de O Vao.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí