“Este Nadal regala enoturismo nas Rías Baixas”

CAMBADOS> O Nadal está a volta da esquina, e dende a Ruta do Viño Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra propoñen uns interesantes paquetes enoturísticos como agasallos para estas festas. A iniciativa componse de 19 experiencias relacionadas co viño nas Rías Baixas.

Por primeira vez a Ruta do Viño Rías Baixas e a Deputación de Pontevedra unen forzas para impulsar unha iniciativa coa que seguir traballando para desestacionalización do turismo na provincia. Con este fin promoven a campaña “Este Nadal regala enoturismo nas Rías Baixas”.

O viño de Rías Baixas convertese no dío condutor desta iniciativa que contemplan experiencias singulares de fin de semana ou escapadas de dous días entre outros.

Non só participan adegas senón tamén outro tipo de establecementos que ofrecen unha auténtica experiencia nas Rías Baixas.

Os interesados poden adquirir estas experiencias a través da páxina web da Ruta do Viño Rías Baixas ou recadar máis información a través do portal da Deputación de Pontevedra.