BOIRO> O presidente provincial do Partido Popular, Carlos Negreira, asegurou hoxe en Boiro, que a mellor política social pasa por fixar como única prioridade a creación de emprego, reiterando que o gran recorte económico sufrido durante os últimos anos foron os tres millóns de persoas que perderon o seu posto de traballo entre 2008 e 2011. Nunha reunión mantida cos alcaldes e os portavoces do Partido Popular na comarca, Negreira anunciou que o mellor está aínda por chegar, en referencia a que, segundo el, nos próximos meses vaise poder ver unha sucesión de novas positivas que porán en evidencia a tódolos ‘agoireiros’ que se aledaban de que España fose mal. Na xuntanza o presidente provincial do PP resaltou tamén a necesidade de explicarlle a tódolos veciños desta comarca a importancia que teñen as próximas elecciones ó Parlamento Europeo, nas que asegurou que calquera resultado que non sexa unha victoria contundente do PP permitirá estrañas alianzas que teñen como único fin impedir o gobierno dos populares. Por esta razón Negreira pediulles ós alcaldes e ós portavoces que redoben o seu esforzo e que teñan en conta as aportacións dos veciño porque Galicia non se pode permitir nin un paso atrás, nin ningún titubeo no camiño cara a recuperación económica. Por último, o presidente provincial sinalou tamén que os populares deben aproveitar os próximos meses para incorporar ó partido novas persoas, novas ideas e novas enerxías para conformar as candidaturas de cara á celebración no último trimestre do ano dunha Convención Provincial de candidatos na cidade da Coruña.
Inicio Barbanza - Muros - Noia