Conclúen as obras de pavimentación en Salmón

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do remate das obras de pavimentación e instalación de pluviais no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros. A empresa encargada de executar a actuación foi Excavaciones Nima, por un importe de máis de 122 mil euros. As obras incluiron basicamente a instalación dunha nova rede de pluviais, con seus respectivos colectores, sumidoiros sifónicos e pozos de rexistro. Ademais, tamén se procedeu á pavimentación de toda a zona cunha capa de formigón de 20 centímetros de espesor.