Portos require novamente documentación ó concello de Ribeira para autorizar as festas

RIBEIRA> Entre a documentación solicitada e que, segundo Portos, aínda non foi aportada polo Concello a día de hoxe figuran os planos de localización das atraccións, escenarios, aseos e calquera outra instalación que se pretenda montar, así como o plan de evacuación para casos de emerxencia ou o plan detallado de tráfico alternativo.

Dende Portos sinalan que se trata de documentos todos eles preceptivos para que se poida outorgar a autorización segundo as condicións establecidas na lexislación vixente.

O que si fixo Portos é tramitar unha modificación da zonificación do solo portuario susceptible de acoller actividades recreativas, para facilitar así a instalacións dos feirantes.

Este cambio na zonificación do solo é o primeiro paso imprescindible para posibilitar a celebración en condicións de seguridade para as persoas das festas en dominio público portuario.