Ribeira celebra a Semana da Moda para dinamizar o comercio local

    RIBEIRA> Ribeira acollerá a Primeira Semana da Moda organizada pola Asociación de Empresarios. O desfile previsto para o dous de maio será o acto central pero haberá todo tipo de actividades complementarias como escaparates viventes, conferencias e un flashmob. A Asociación de Empresarios de Ribeira e o Centro de Hostalería Aberto continúan coa programación de actividades para dinamizar o tecido empresarial da vila. Dende o dous ó nove de maio celebrarase a primeira semana da moda que conta, entre as súas actividades, cun desfile previsto para o día dous na praza da igrexa. Ademais de modelos profesionais haberá un pase infantil e outro de tallas especiais no que participarán veciños da vila. O día cinco desenvolverase na sede da asociación de empresarios unha conferencia sobre moda mentres que o nove terá lugar outra xornada festiva con escaparates viventes e un flashmob na avenida do Malecón. Paralelamente celebrarase a primeira semana do pincho d e primavera na que once establecementos ofrecerán tapas elaboradas con ventresca. Concello e patronal continúan, a través destas actividades, coa liña de colaboración iniciada hai anos para revitalizar o comercio e a hostalería da vila.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí