O mozo desaparecido dende o venres chama os seus pais para dicirlles que está ben

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/25/busca_jose_manuel_mosquera.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/25/busca_jose_manuel_mosquera.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Os pais do mozo desaparecido en Pontevedra xa teñen noticias súas. Esta mañá, o rapaz de 17 anos chamounos para dicirlles que está ben, aínda que segue en paradoiro descoñecido. A conversa xa foi notificada á Policía.

Os pais de José Manuel Mosquera recibiron a boa nova dende un número oculto. Nunha breve conversa, o mozo de 17 anos chamounos para dicirlles que está ben, aínda que non lles deu ningunha información máis sobre o seu paradoiro.

Despois de cinco días sen ter noticias do rapaz, os pais recoñecen que a mensaxe deixounos máis tranquilos, aínda que non o estarán completamente ata que José Manuel volva estar en casa. A familia xa se puxo en contacto coa Policía Nacional.

Se descoñecen os motivos que levaron a este estudante de Segundo de Bacharelato a marchar da casa, aínda que a tese que cobra máis forzas é que o rapaz marchou para evitar unha reprimenda dos pais por mor das malas notas. José Manuel recollera o boletín coas cualificacións o pasado mércores, pero decidiu ocultalas ós seus pais.