Rías Baixas incorpora a Castañal ás variedades de uva da D.O.

riasbaixas.jpg SALNÉS> Trátase dun froito autóctono que se cultiva na subzona do Rosal e que enpregará para a elaboración de tintos.

Segundo explican desde a Consellería do Medio Rural e do Mar, foron as propias Denominacións de Orixe as que propuxeron a introdución destes cambios nos seus regulamentos logo de revisalos para poder rexistrarse como D.Os Europeas. Rías Baixas incluirá a partir de agora a Castañal como uva autorizada para elaborar viños baixo o selo desta Denominación. Trátase dun froito autóctono que se cultiva na subzona do Rosal.

No caso de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras, os cambios introducidos fan referencia a cuestión analíticas e de elaboración dos viños, así como límites de zonas de produción.

Entre as seis ordes publicadas hoxe no DOG figuran tamén cambios para dúas Indicacións Xeográficas Protexidas vinícolas, unha, a dos Viños de Barbanza e Iria. Tamén neste caso incorporan novas variedades de uva ó seu regulamento, o Branco lexítimo ou ‘Raposo’ e o Agudelo, tipoloxías que non se puideran incorporar porque non foron recoñecidas como variedades comerciais ata marzo do ano pasado.

Redacción Salnés