Piden a mellora da seguridade vial en varios tramos da AC-305

    POBRA> Os nacionalistas piden a eliminación de numerosos obstáculos existentes nas beirarrúas desta estrada que dificultan o tránsito dos peóns. A través dunha moción, que levarán a pleno este próximo xoves, o BNG reclama a eliminación das barreiras arquitectónicas existentes ó longo de toda a estrada AC-305 ó seu paso polo termo municipal. Segundo os membros da formación frentista trátase de obstáculos que se atopan nas propias beirarrúas, como é o caso de postes do tendido eléctrico ou de telefonía que impiden o tránsito dospeóns, co risco que isto conleva, xa que en moitos casos teñen que invadir a calzada para continuar o seu percorrido. Poñen coma exemplo da súa denuncia zonas coma o Campiño, as Pontes e a Ribeiriña.