RIBEIRA> Esta mañá presentábase no concello de Ribeira a terceira edición do Torneo de Fútbol Base de Aguiño que se desenvolverá durante esta Semana Santa, os días 17 e 18 de abril, no campo da Tasca, e que este ano contará coa participación de 18 clubs de categorías prebenxamín e benxamín non só da comarca senón tamén de fóra dela. A competición, organizada polo Club Xuventude de Aguiño en colaboración co concello, terá unha primeira fase de liguiña na que se medirán, en cada xornada, 16 equipos distribuídos en catro grupos. De cada grupo clasificaranse os dous mellores equipos que xogarán as eliminatorias de cuartos de final, ós que seguirán os partidos de semifinais e final. Os duelos sucederanse ininterrompidamente dende as 10 da mañá ata as nove da noite, hora fixada para as finais. Os clubs participantes serán nesta edición: Xuventú Aguiño, S.D. Abanqueiro, Catoira S.D., Sálvora C.F., Porto do Son C.F., Santiago de Compostela, Once Caballeros C.F., E.D. Arousa, C.D. Unión, E.F.C.D. Boiro, S.D. Villestro, Arosa S.C., V. Cabo de Cruz, Ulla Pontecesures C.F. e E.F. Sálvora.
Inicio Deportes