A Deputación da Coruña amplía os seus fondos museísticos

A CORUÑA> A Deputación da Coruña vén de recibir unha serie de bens e documentos pertencentes a María de la Esperanza García Rodeiro e Gonzalo Ortiz Prego, que fixeron as súas doazóns de forma gratuíta. Esta incorporación facilita á institución provincial os seus traballos cara a incrementar o coñecemento acerca deste entorno e poder así divulgalo. Por iso agradece aos dous responsables a súa contribución desinteresada que permitirá regresar ao seu lugar bens do mosteiro ou da familia García Espinosa. Por outra banda, Gonzalo Ortiz Prego, cedeu tamén á Deputación coruñesa ata 22 documentos que relatan as compras e ventas dos bens relacionados co Mosteiro dende o ano 1890 ata 1932. Trátase dunha relación de escrituras e contratos de compra-venta de inmobles, ferrados e fragas, entre outros, de gran valor etnográfico que permiten compoñer a historia desta herdanza dende o século XIX. Os bens e documentos que agora pasan a formar parte da Deputación da Coruña gardaranse no arquivo ou no propio mosteiro, segundo o seu interese público e as súas necesidades de conservación.