A Xunta insiste en que o concello aínda non cedeu os terreos para o novo edificio xudicial

PONTEVEDRA> Os terreos para a construción do novo edificio xudicial da Parda continúan enfrontando a Xunta e concello. Esta mañá, o delegado da administración autonómica en Pontevedra pasaba a pelota ao tellado do goberno local. Segundo Cores Tourís, o concello non expropiou aínda todos os terreos para a execución da infraestrutura.

 

Catro parcelas que suman 1.000 metros cadrados. Isto é, segundo o delegado da Xunta en Pontevedra, o terreo que falta para poder arrancar as obras do novo edificio dos xulgados.

Cores Tourís asegurou que o concello non cedeu os terreos nin expropiou aínda este, co que se sumarían os 6.500 metros cadrados necesarios para o edificio. Ata entón, a xunta non pode iniciar o expediente de licitación do inmoble, que contaría con dous sotos e seis plantas.

Así o delegado territorial da Xunta devolve a pelota ao tellado do concello. Apuntou ademais que dende xullo 2013 non houbo novas reunións da comisión mixta de seguimento do proxecto.

Diferente é a versión que da o concello. Dende o goberno local aseguran que todos os terreos foron cedidos á Xunta, un proceso para o que investirá 1,3 millóns de euros. Acusan a Cores Tourís de enturbiar a relación entre as administracións e apuntaron a que, se a obra non se comezou, é por cuestións políticas e económicas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/15/touris_edificios_xudiciais.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/15/touris_edificios_xudiciais.mp4{/flowplayer}