A Feira do Libro de Santiago será do 26 de abril ó 4 de maio

SANTIAGO> Hoxe tivo lugar, no concellode Santiago, a presentación dunha nova edición da Feira do Libro, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. O acto contou coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria , Xesús Vázquez Abad, o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, o alcalde da cidade, Angel Currás Fernández, e o vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xosé Antón Pedreira Mirás. A Feira do Libro terá lugar entre os días 26 de abril e o 4 de maio, no Paseo Central da Alameda de esta cidade. Esta edición, un ano máis, quere ser o referente cultural da capital galega durante a súa celebración, para iso, ademais da calidade dos expositores e a pluralidade temática dos materiais bibliográficos, conta cun grande abano de actividades, que resultarán interesantes e atractivas para todos os públicos.