Trinta patrullas, 40 vehículos e 130 militares despréganse nos montes galegos na Operación Centinela

GALICIA> Xa está en marcha unha nova edición da operación Centinela Galego. 30 patrullas e 40 vehículos encargaranse da vixilancia dos nosos montes para evitar os lunes forestais. Serán un total de 130 militares da Brilat os que se incorporarán a este dispositivo, que se desenvolverá entre o 15 de agosto e o 30 de setembro.

Os militares súmanse á loita contra os lumes forestais. Entre o 15 de agosto e o 30 de setembro patrullarán os montes galegos no marco da Operación Centinela.

Serán 30 patrullas, 40 vehículos e un total de 130 militares os que participen nestas tarefas de vixilancia. Tamén contarán cun avión non tripulado que permite gravar imaxes a quilómetros de distancia.

Este ano ampliaranse as zonas nas que patrullarán os militares, reforzando o dispositivo da Xunta de Galicia. Actualmente utilízanse 12 drons de vixilancia e 153 cámaras despregadas por toda Galicia, cunha cobertura do 70% do territorio.

No 2022, a Operación Centinela percorreu 320.000 quilómetros dos montes galegos, realizou preto de 5.600 vixilancias físicas e 11.000 mintuos empregando sistemas áereos controlados de xeito remoto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí