Acordo unánime para o mantemento do partido xudicial de Noia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/plenonoia250414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/plenonoia250414.mp4{/flowplayer} NOIA> A corporación municipal noiesa aprobou onte en sesión plenaria un acordo unánime de tódalas forzas políticas, que lle será remitido posteriormente ó Goberno Central. A coincidencia hoxe da celebración do pleno ordinario de abril coa festividade de San Marcos, obrigou ó equipo de goberno a adiantar a sesión ó xoves. Foi un pleno rápido, e mesmo falto da polémica, moi diferente ó que habitualmente non teñen acostumado, senón fóra polo cruce de acusacións entre o alcalde, Rafael García Guerrero, e o voceiro do PP, Xulio Bustelo, cando se abordou a proposta da supresión dos partidos xudiciais. Foi o rexedor o encargado de ler un acordo no que se esixía ó Goberno Central o mantemento deste servizo en Noia. Na sesión tamén se acordou por unanimidade, a solicitude dos propios propietarios da gasolineira situada no Malecón de Gasset, o aprazamento do seu desaloxo. A corporación conincidiu a ampliar o prazo concedido que expiraba o próximo 30 de xuño ata o 28 de agosto.