{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/04/desafiuzamento_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/04/desafiuzamento_vilanova.mp4{/flowplayer}
VILANOVA> Unha familia de Vilanova quedará sen teito tralo derrubamento da súa casa. Hai unha década que na vivenda se realizaron obras de reforma para mellorar a súa habitabilidade. As actuacións foron declaradas ilegais, e agora sobre a casa pesa unha orde firme de derrubamento.
Esta parede marcou o inicio dun conflito familiar que, se nada muda, rematará co derrubamento da vivenda desta familia.
Tras recorrer a denuncia, os xulgados deron a razón a Juan Carlos Dieste. Pero, lonxe de rematar aí o conflito, comezou outro; desta volta por unhas obras sen licenza municipal, consideradas polo concello ilegais e ilegalizables.
Aseguran que o que eles fixeron non é algo illado na zona.
Pero eles son os únicos que viven coa sentenza firme de derrube da súa vivenda. Hai xa catro meses que concluíu o prazo para que se execute a orde ditada dende o concello, por iso temen que pode ser en calquera momento.
El, traballador de Lantero en folga dende hai case dous meses. Ela, mariscadora, e dous fillos de 3 e 9 anos. Este é o retrato desta familia de San Miguel de Deiro que, asegura, non ten para onde ir.
Dende o concello aseguran que aínda non hai data para arrancar o proceso. Insisten en que están obrigados a executar a demolición para cumprir as leis e evitar caer na prevaricación.