A Mancomunidade estreita lazos con Apodaca, a cidade industrial máis importante de México

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/30/balance_mexico.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/30/balance_mexico.mp4{/flowplayer} 

 

CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés está determinada a continuar estreitando lazos con México. Ademais dos contactos empresariais, o ente aproveitou a súa última viaxe para comezar as negociacións para un novo irmanamento no continente, desta volta coa cidade de Apodaca, base de numerosas empresas multinacionais.

Para a Mancomunidade, México é unha terra de oportunidades para os empresarios. Tanto é así que xa traballan para estender as súas relacións no país, desta volta coa vista posta nunha das súas cidades máis importantes: Apodaca.

Próxima á fronteira con Texas, son moitas empresas multinacionais que optan por instalarse na cidade polas vantaxes produtivas que ofrece en comparación con Estados Unidos. Por iso a visita do seu alcalde abriría moitas portas non só ao Salnés.

E é que a delegación da mancomunidade que visitou México a semana pasada volveu convencida das oportunidades que se lles poden abrir alén do Atlántico.

Co posible irmanamento con Apodaca na mente, a Mancomunidade non esquece o traballo en Aguas Calientes. De feito, non desbotan regresar nos vindeiros meses para seguir apoiando institucionalmente aos empresarios do Salnés.