A Xunta investirá 218 mil euros en diversas obras en Sálvora

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/21/conselleira_medio_ambiente_actuacions_salvora_2107151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/21/conselleira_medio_ambiente_actuacions_salvora_210715.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentou esta mañá as actuacións de conservación patrimonial que se van levar a cabo na illa. No que vai de ano o número de visitantes á illa de Sálvora, pertencente ó Parque Nacional das Illas Atlánticas, superou xa as catro mil persoas. Unha cifra significativa que dende a Xunta de Galicia pretenden seguir incrementando de cara ós próximos anos. Neste sentido a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentou unha serie de actuacións de conservación patrimonial que se van levar a cabo con carácter inmediato que se suma as xa realizadas no último ano. Trátase de traballos encamiñados á recuperación e posta en valor de varios elementos existentes na illa, entre os que se atopa unha vivenda. Todo un conxunto de actuacións que teñen como principal finalidade incrementar o seu potencial turístico. Dende o concello ribeirense agradeceron a importante aposta que fai a Xunta de Galicia por este enclave de gran valor turístico. Segundo o seu alcalde, Manuel Ruíz, todo o que sexa preservar e poñer en valor este enclave é algo fundamental.