C. González: ‘O anteproxecto de Lei do poder xudicial debe ser modificado’

    MUROS> A alcaldesa muradá criticou a reforma que pretende introducir o Goberno Central que levaría consigo a supresión dos partidos xudiciais e os xulgados de instancia. No último pleno a corporación muradá aprobaba unha proposta na que se pide a retirada ou reformulación deste proxecto. Segundo Caridad González a Federación Galega de Municipios e Provincias está a traballar nesta mesma liña. Neste sentido onte mesmo celebrouse na Costa da Morte unha xuntanza na que tomaron parte representantes de concellos dende Carballo a Muros, na que se acordou tamén a solicitude dunha reunión co secretario de Estado de Xustiza, para plantexarlle un reformulamento desta reforma, atendendo á especificidade do territorio galego.