CXG loitará en Europa pola flexibilización da multa por sobrepesca

    PORTODOSON> Así o anunciou o candidato desta formación política, Paulo Carlos López, nunha visita realizada ó peirao de Portosín. O candidato de Compromiso Por Galicia ás europeas, Paulo Carlos López, presentou as propostas que a súa formación política levará no seu programa electoral, en especial as referidas ó mundo do mar. Segundo el defenderán a flexibilización da multa por sobrepesca que a Unión Europea lle imputa a España. Posteriormente Paulo Carlos López mantivo un encontro con representantes do sector pesqueiro da localidade, que lle serviu tamén para coñecer de primeira man as súas inqueitudes e principais demandas. Na súa visita estivo acompañado tamén por diversos cargos desta formación política, a nivel local e comarcal, entre os que se atopaba tamén a membro da súa candidatura, a edil muradá, María Xosé Alfonso.