Vivenda contrata a urbanización da segunda fase do polígono de Espiñeira

    BOIRO > A Consellería de Vivenda e Solo que dirixe Teresa Táboas vén de contrata-la actualización do proxecto de urbanización da ampliación do polígono industrial de  Espiñeira en Boiro por un importe de 30 mil euros. A superficie total desta ampliación é duns 80 mil metros cadrados.

    espieira_300_180706.jpgFontes da Consellería de Vivenda e Solo veñen de informar da contratación do plan de ampliación do parque empresarial boirés, despois de que o proxecto inicial datado do ano 1.996 quedara desfasado. Ante esta situación considerouse precisa a súa actualización para o que agora vén de adxudica-lo novo proxecto de urbanización e ampliación do parque.

    A primeira fase do parque empresarial de Espiñeira está xa rematada e con esta actuación preténdese axiliza-las obras da segunda fase. A superficie total desta primeira ampliación ascende a uns 80 mil metros cadrados.

    O polígono industrial boirés conta cunha superficie total duns 367 mil metros cadrados, dos cales aproximadamente 229 mil están destinados a uso industrial e comercial, mentres que o resto destínase a equipamentos sociais, de ocio e zonas verdes.

    O parque consta de 43 parcelas de 700 metros cadrados de extensión, das cales 21 xa están construídas e 42 están vendidas actualmente.

    A ampliación do parque empresarial boirés súmase tamén a outras actuacións en materia de creación de chan industrial na comarca do Barbanza como é o caso da construción do macropolígono dun millón de metros cadrados entre os concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira, integrado tamén no proxecto ‘Galicia Suma’.

    Redacción Barbanza