O executivo muradán aproba o regulamento de uso das pistas de padel

    MUROS> A alcaldesa, caridad González, agarda que as novas instalacións, que aínda non están rematadas, poidan entrar en funcionamento en xuño. Cada vez son máis os afeccionados ó mundo do padel. Razón pola que moitos concellos víronse na obriga de construír instalacións axeitadas para a práctica deste deporte da raqueta. É o caso de Muros, que levaba ó último pleno o regulamento de uso das pistas construídas na zona das Ínsuas, a carón dos institutos, e que a pesar de non estar rematadas, á espera da realización dos vestiarios, están a ter unha elevada demanda. A alcaldesa, Caridad González, agarda a que as instalacións poidan entrar xa en funcionamento no mes de xuño para seren usadas polos veciños do municipio.