Denuncian novos roubos no porto rianxeiro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/05/roubosportorianxo0505141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/05/roubosportorianxo050514.mp4{/flowplayer} RIANXO> O patrón maior, Baltasar Rodríguez, pide que se incrementen as medidas de seguridade e maiores controis de acceso nos portos. Esta a ser unha constante nos últimos tempos. Os amigos do alleo están a poñer os seus ollos nos peiraos da comarca, onde poden campar ás súas anchas, facéndose con importantes botíns. A última denuncia parte de Rianxo. O patrón maior Baltasar Rodríguez Alcalde, denunciou o roubo sufrido en cinco barcos atracados no porto ós que lles levaron caixas de peixe. Tamén denunciou o roubo dun motor foraborda a unha embarcación, así como a desaparición de diversas ferramentas, aparellos e combustible. O patrón maior rianxeiro pide maiores medidas de vixilancia nos portos, e que a Policía Local e a Garda Civil, realicen maiores controis na zona portuaria. Baltasar Rodríguez tampouco comparte as palabras do presidente de Portos, nas que afirmaba que a vixilancia nos peiraos non era competencia do ente autonómico. Segundo el os usuarios destas instalación xa pagan unhas taxas bastante elevadas que poderían destinarse ó pago destes traballos de control ou en establecer accesos restrinxidos ós portos só para persoal autorizado.