O goberno muradán executa o saneamento na Virxe do Camiño

    MUROS> A actuación, cun presuposto de máis de 30 mil euros, está incluída dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este ano 2014. Un dos principais obxectivos do equipo de goberno que preside Caridad González dende a súa chegada á alcaldía é acadar o tan ansiado saneamento integral do concello. Unha difícil tarefa, se atendemos ó espallamento dos seus núcleos e a súa oreografía. Nestes momentos execútase a instalación da rede de sumidoiros na zona da Virxe do Camiño, con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este ano 2014. a actuación cun presuposto de máis de 30 mil euros suporá a erradicación dun punto de vertedura ó mar. Segundo informou a propia alcaldesa, o saneamento atópase actualmente nun 60%. As actuación pendentes como é o caso dos núcleos de Torea, Abelleira e unha parte de Tal, son custosas e complexas, que o concello non poderá asumir con fondos propios.