{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/ministerio_medioambiente_rexeneracion_ria_0205161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/02/ministerio_medioambiente_rexeneracion_ria_020516.mp4{/flowplayer} NOIA> As primeiras actuacións para a rexeneración da ría de Noia poderían dar comezo este verán. O alcalde mantivo unha xuntanza con responsables do Ministerio de Medio Ambiente na que se acordou colaborar con Portos de Galicia para iniciar as actuacións de dragado da ría. A rexeneración da ría e a reordenación da fachada marítima de Noia é unha das prioridades do goberno municipal que segue a buscar fondos para acometer este ambicioso proxecto. O alcalde, Santiago Freire, reuniuse en Madrid con responsables do Ministerio de Medio Ambiente para plantexar a posibilidade de coordinar as actuacións entre Costas do Estado e Portos de Galicia, dado que ámbalas administracións comparten ámbito competencial. O alcalde trasladou ademais a necesidade de axilizar esta actuación e comezar a adoptar as medidas que permitan desenvolver as obras en condicións de máxima seguridade ó tratarse dunha zona especialmente sensible. Á espera de manter unha nova xuntanza coa Directora Xeral de Costas para concretar prazos e investimentos, o alcalde agarda que este mesmo verán poidan comezar as actuacións posto que existe xa unha partida consignada nos orzamentos da Xunta para iniciar a dragaxe da ría.
Inicio crb