Imputada unha veciña de Ribeira como presunta autora dun incendio

    RIBEIRA> A Policia Autonómica da Xefatura Territorial de Santiago imputou unha veciña de Ribeira coma presunta autora dun incendio forestal no mesmo concello. O lume tivo lugar o pasado dia 4 lugar da Conlleira, parroquia de Santa Uxía de Ribeira, e foi causado pola imputada para a eliminación de matogueira dos arredores da súa vivenda, afectando a unha superficie de 100 metros cadrados de monte raso.Para a súa extinción foi precisa a actuación dos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia do Distrito IV-Barbanza. Destes feitos foron trasladadas dilixencias ao Xulgado de Instrución en Funcións de Garda de Ribeira. Na actual campaña anti-incendios forestais do 2014, 28 persoas foron detidas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.