RIBEIRA> Éxito de participación no Torneo de Xadrez das festas de Ribeira que se disputou a pasada tarde nas instalacións da Casa da Xuventude. Nesta 27ª edición, 35 participantes mediron forzas nun torneo a cinco roldas.
Ó finalizar tivo lugar no salón de actos a entrega de premios a cargo do concelleiro de Deportes de Ribeira, Xabier Vidal.
Ademais dos trofeos ós tres primeiros clasificados das escolas deportivas de verán e ós tres mellores competidores locais, houbo tamén premios para os campións sub-10, sub12 e sub-14. Na categoría absoluta, Noé Diz fíxose co triunfo seguido de Rodrigo Arias e Xoel Roo.











