Tres persoas con discapacidade coidarán os xardíns grazas a un convenio con BATA

    VILAGARCÍA> Tres persoas con discapacidade traballarán no mantemento de tres xardíns de Vilagarcía. A iniciativa nace dun convenio entre concello e asociación Bata, que ten como obxectivo conseguir unha inclusión real das persoas con discapacidades.

     

    Durante un ano, tres persoas con discapacidade e usuarias da asociación BATA encargaranse das tarefas de limpeza e mantemento dos xardíns do Centenario, o Miguel Hernández e o entorno da praia da Concha.

    Concello e asociación buscan coa sinatura deste convenio por valor de 4.500 euros visibilizar as persoas con discapacidades e colaborar para conseguir a súa inclusión real na sociedade, facilitando a súa integración.

    Na actualidade, a asociación BATA atende a 180 persoas con discapacidade, menores de idade e adultos.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/06/convenio_bata_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/06/convenio_bata_vilagarcia.mp4{/flowplayer}