A Regata Almirante Rodríguez Toubes celebra esta fin de semana a maioría de idade

VILAGARCÍA> A Regata Almirante Rodríguez Toubes chega esta fin de semana. Agárdase que máis dunha trintena de embarcacións participen na décimo oitava edición da competición, que este ano contará cun atractivo adicional: e é que será fundamental para conseguir a Copa Galicia de Cruceiros deste ano.

 

O Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval Militar de Marín volven unir forzas na Regata Almirante Rodríguez Toubes. A competición celebrarase esta fin de semana, e levará as embarcacións por un percorrido de 25 millas dende Marín a Vilagarcía o sábado, e o camiño de volta o domingo.

O bo ritmo das inscricións fai que dende a organización xa conten con superar a trintena de participantes. Unha listaxe na que haberá embarcacións de fóra das nosas fronteiras.

E é que a Regata Almirante Rodríguez Toubes cumpre a súa maioría de idade presumindo de saúde, sendo clave para conseguir a Copa Galicia de Cruceiros.

Un ano máis, a Regata conta co apoio de Extrugasa.

A primeira etapa disputarase o sábado día 10 a partires das 11.30, dende as inmediacións da Escola Naval de Marín ata os peiraos deportivos de Vilagarcía. Á mesma hora do domingo arrancará a segunda parte da proba, que fará o camiño de volta a Marín.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/08/regata_rodriguez_toubes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/08/regata_rodriguez_toubes.mp4{/flowplayer}