Presentan en Boiro un libro sobre o xogo tradicional dos bolos

BOIRO> O centro social de Boiro acollía hai uns días o acto de presentación do libro ‘O xogo dos bolos en Boiro: tradición, cultura e educación’ do que é autor Geno Rodríguez. Un bo número de persoas asistiron no centro social de Boiro ó acto de presentación do libro ‘O xogo dos bolos en Boiro: tradición, cultura e educación’ do que é autor Geno Rodríguez. A publicación, editada pola editorial Toxosoutos, é froito do traballo de moitos anos de investigación levado a cabo polo autor para a súa tese de doutoramento. O libro, do que se editaron uns cincocentos exemplares, recolle toda a historia deste xogo popular en Boiro dende os inicios do século XX ata a actualidade, a través dos propios testemuños dos veciños, mestres e tamén políticos. A través del pretende manterse viva a historia deste xogo, sobre o que non existía ningunha publicación, con propostas para seguir practicándoo e tamén onde se recolle o seu propio regulamento. Ademais do autor, no acto tamén estiveron presentes o alcalde, Xoán Xosé Dieste, representantes da editorial e un dos profesores que dirixiu este traballo de investigación, José María Pazos, vicedecano da Facultade de Ciencias do Deporte de Pontevedra.

Comments are closed.