Durán estuda medidas contra o “acoso” polas supostas contratacións irregulares

    VILANOVA> Arquivada a causa contra o alcalde de Vilanova por 61 contratacións supostamente irregulares. A Audiencia Provincial tomou onte esta decisión ao non apreciar delito no xeito de proceder de Gonzalo Durán.

     

    A Audiencia Provincial coincide co Xulgado de Vilagarcía: non houbo delito nas 61 contratacións realizadas polo concello de Vilanova entre o 2008 e o 2012. Aínda que a Sección Cuarta admitiu que no procedemento houbo falta de corrección, argumenta que está dentro das competencias do alcalde levantar os reparos que poidan presentar os departamentos de Intervención e Secretaría. Por iso, onte decidiu arquivar a causa contra Gonzalo Durán e sen posibilidade de recurso. O alcalde vilanovés aprazou ata mañá a súa valoración sobre esta decisión.

    Aínda que a causa xa fora sobreseída polo Xulgado de Vilagarcía, Fiscalía e PSOE decidiron recorrer esta decisión. Un movemento que, para o alcalde, é unha mostra máis do acoso que sofre.

    Nas filas do Partido Socialista de Vilanova a noticia sentou como un xerro de auga fría, e podería rematar coa dimisión do seu voceiro local, Jorge María López.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/08/gonzalo_absolto_contratacions.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/08/gonzalo_absolto_contratacions.mp4{/flowplayer}