A nova lei de tráfico endurece as penas de alcol e drogas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/leitrafico0905141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/leitrafico090514.mp4{/flowplayer} <hr id=”system-readmore” />

BARBANZA> Desde hoxe conducir baixo os efectos do alcol pode supoñer unha multa de ata mil euros, dar positivo por drogas ó volante outros mil euros e retirada de seis puntos do carné.

Unha das principais medidas desta nova lei de tráfico é o endurecemento de sancións para aqueles que conduzan baixo os efectos do alcol e das drogas. A xente nas rúas valora positivamente esta modificación. Os controis de alcol e drogas, a partir de hoxe, serán de obrigado cumprimento para peóns e ciclistas sempre e cando estean implicados en accidentes ou infraccións. Todo isto ten como  obxectivo reducir os sinistros nas estradas. A utilización de detectores de radar multarase con 200 euros e 3 puntos. Os inhibidores, pola súa parte, seguen estando prohibidos e a súa utilización traerá consigo ata 6000 euros de multa. O límite de velocidade máximo continúa sendo 120 pero ábrese a posibilidade a unha futura modificación ata 130. Con esta nova lei tamén haberá mais inmobilizacións de vehículos, sendo prioritarios aqueles coches que non dispoñan de sistemas de retención infantil con rapaces a bordo. Establécese tamén que serán responsabilidade do condutor os accidentes por atropelo de animais, a non ser que sexa consecuencia dunha acción de caza ou dun valado en mal estado. Os adiantamentos a ciclistas poderán realizarse sempre e cando exista unha separación de metro e medio e boa visibilidade de adiantamento. E unha modificación que moitos petos agradeceran nestes temos de crise é a ampliación do prazo para pagar multas e realizar alegacións. Pasará dos 15 ós 20 días.