RIBEIRA> A xuntanza estivo presidida pola titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen avogou porque tódolos municipios galegos formen parte desta iniciativa para combater o cambio climático.
O cambio climático é xa unha realidade. Co obxectivo de artellar medidas para facerlle fronte, a Xunta, a través da consellería de Medio Ambiente, decidiu crear a oficina técnica do pacto dos alcaldes para coordinar e apoiar as accións a nivel local a desenvolver na nosa comunidade de cara a dar cumprimento ós obxectivos de redución do consumo enerxético, as emisións de CO2 e impulsar as enerxías renovables. Na súa intervención a titular de Medio Ambiente destacou puxo de exemplo ó concello de Ribeira que xa iniciou os pasos para sumarse a este pacto.
Ángeles Vázquez incidiu en que a Oficina técnica galega será o interlocutor directo cos concellos, onde se apoiará ás entidades locais para que coñezan o marco regulador e lexislativo nesta materia.