Intensifican a busca dunha septuaxenaria desaparecida en Bealo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/desaparecida_bealo_2807151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/desaparecida_bealo_280715.mp4{/flowplayer} BOIRO> O dispositivo de busca céntrase nestes primeiros momentos nas proximidades da súa vivenda en Boimazán. Ó parecer descoñécese o seu paradoiro dende a fin de semana. Un amplo dispositivo de busca no que están a participar efectivos da Garda Civil, o Grupo Municipal de Emerxencias, cans de rastrexo, un helicóptero e ata os propios veciños, trata de localizar dende esta pasada madrugada a unha muller de 70 anos veciña do lugar de Boimazán na parroquia boirense de Bealo. Trátase de Manuela Lorenzo, más coñecida na zona como Lela a do Quinto. Crese que pode levar desaparecida dende a pasada fin de semana. Nestes primeiros momentos os labores de busca estanse centrando nas inmediacións da súa vivenda. Ata o lugar tamén se achegou o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste, para manterse informado das últimas novidades do caso, ademais de dar apoio á familia neste difíciles momentos.


    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/desaparecida_bealo_2807151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/28/desaparecida_bealo_280715.mp4{/flowplayer}