Perla de Arousa representa o seu Festival de Nadal

perla100__001.jpgVILAGARCÍA > A escola de danza Perla de Arousa presentou o fin de semana o seu Festival de Nadal, que se enmarca …

… dentro do programa cultural do concello de Vilagarcía para estas festas. No seu repertorio, as alumnas da escola intercalaron as pezas de baile tradicional galego co ballet clásico.

As muiñeiras e foliadas seguíronse este sábado da adaptación do segundo acto da obra de Hoffman El Cascanueces, no Auditorio de Vilagarcía. As alumnas de danza de Perla de Arousa interpretaron varias pezas de baile galego e ballet clásico nun espectáculo no que participaron por primeira vez tódalas alumnas da escola. As bailarinas máis pequenas tiñan tan só catro anos, pero isto non lles impediu poder desenvolverse con soltura no escenario.

perla4_200_001.jpgO punto central do festival foi a representación de El Cascanueces, un ballet que xa é todo un clásico das festas do Nadal. Coa música composta por Tchaikovski, as alumnas da escola de danza interpretaron o segundo acto dunha historia ambientada na noite boa e repleta de maxia. Perla de Arousa, é coñecida pola súa dobre especialización na tradición clásica e tamén no folclore galego. 10 pezas de foliadas e muiñeiras seguíronlle ó ballet, nunha noite na que a escola representou o mellor do seu repertorio.

Redacción Salnés