Boiro prepárase para o ‘II Maio Vintage Market’

    BOIRO> A iniciaiva, que por segundo ano organiza o colectivo Creaturas, desenvolverase este sábado na rúa peonil. O éxito da primeira edición do Maio Vintage Market desenvolvida o pasado ano, foi unha das razóns principais que levou novamente ó colectivo Creaturas, a volver a organizala. A cita será este próximo sábado, 24 de maio, e desenvolverase na rúa peonil. Ese día, durante toda a desenvolveranse distintas actividades, con importantes novidades respecto á primeira edición. Haberá teatro, música en directo, dj’s, artesanía, exposicións e moda. O número de postos este ano veuse incrementado notablemente, razón fundamental pola que a organización decidiu establecer varias zonas. Se as previsións metereolóxicas non acompañan ese día, a actividade será aprazada, xa que a súa intención é que se desenvolva nun espazo aberto. Dende o colectivo Creaturas agardan que a iniciativa volva a recibir o respaldo maioritario da xente, consolidando o Maio Vintage Market no calendario de actividades culturais, non só de Boiro senón de toda a comarca.