O PSOE volve a solicitar oficinas da propiedade para Boiro e Ribeira

    rexistropropiedade_100_120609.jpgBARBANZA> O deputado Xosé Manuel Lage presentará no Parlamento Galego unha proposición non de lei co obxectivo de impulsa-la súa creación.

    {flowplayer}barbanza/rexistropropiedade.flv{/flowplayer}

    Esta non é a primeira vez que os socialistas realizan xestións na procura de impulsar a consecución deste servizo para o Barbanza. Agora volven retomar este tema argumentando o notable incremento do tráfico civil e mercantil experimentado nos últimos anos nos municipios de Ribeira e Boiro. Esta situación é a principal razón que os leva a presentar novamente solicitude para instar á Xunta de Galicia a que demande ante o Goberno do estado a creación destas dúas oficinas do Rexistro da Propiedade en Boiro e Ribeira.

    Con esta solicitude os socialistas recollen unha demanda de moitos veciños de Arousa Norte, que reclaman este servizo, evitando así que teñan que desprazarse a outras localidade como é o caso de Noia ou Santiago para realizar todo tipo de xestións. Acompañando ó deputado Xosé Manuel Lage na convocatoria de prensa desta mañá atopábanse os secretarios xerais das agrupacións locais do PSOE de Boiro e Ribeira, Xoán Xesús Ares e Juan Pérez, respectivamente, que inciidiron na necesidade de que ámbalas dúas poboación poidan contar con estas oficinas.

    Redacción Barbanza