Imputado un boirense coma autor dun incendio en Rebordelo

    BOIRO> Un veciño da localidade foi imputado pola Policía Autonómica coma presunto autor dun incendio forestal na parroquia de Santa Baia. O lume tiña lugar na tarde do pasado 19 de agosto, no lugar de Rebordelo. Segundo as investigacións levadas a cabo pola Policía, todo apunta a que o incendio se orixinou por unha queima que este realizaba durante os labores de limpeza nunha finca da súa propiedade. Dende a consellería de Medio Rural lembran que, no período de verán, están prohibidas as queimas de restos agrícolas ou forestais. No que vai da actual campaña contra-incendios, xa foron detidas pola Policía Autonómica unhas 71 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.