A Pobra homenaxea a ‘Dona Mariquiña’, filla de Valle-Inclán

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/21/homenaxemariquinapobra2105141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/21/homenaxemariquinapobra210514.mp4{/flowplayer}

    POBRA> Tamén tivo recoñecemento seu marido, o escritor arxentino Daniel Devoto. O conselleiro de cultura, Xesús Vázquez, presidiu o acto que organizou o concello.

    Moitos son os vínculos que unen a Ramón María del Valle-Inclán ca Pobra do Caramiñal, e desde o concello aproveitaron a homenaxe á súa filla Mariquiña para lembrar a este referente literario. A igrexa de Santo Isidoro de Postmarcos acolleu os discursos do alcalde pobrense, Isaac Maceiras, do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez así coma o de outros persoeiros relacionados co museo Valle-Inclán. Atentos a estas palabras estiveron dous netos do autor de Luces de Bohemia, un deles era Jorge Devoto, fillo do matrimonio homenaxeado. Ambos acompañaron ó alcalde e ó conselleiro ata a tumba onde repousan as cinzas de María Beatriz Baltasara e Daniel Devoto e depositaron enriba unha coroa de loureiro mentres soaba o himno galego. A pesar da meteoroloxía, achegáronse ata o cemiterio numerosos veciños da Pobra para renderlle a súa particular homenaxe a unha muller que sempre quixo ser enterrada nesta vila barbanzá.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí