Os “Demos da Petaca” chega a Cambados na súa IV edición

CAMBADOS> Os “Demos da Petaca” chegan a Cambados. A IV edición de este evento organizado por Galicia AME, celebrárase na vila do albariño o vindeiro 14 de abril.
“Os Demos da Petaca” chegan a Cambados da man de Galicia AME. A cuarta edición de este festival terá lugar no Auditorio da vila o vindeiro 14 de abril.
O humorista Pepo Suevos será o encargado de conducir o evento que dará comezo no entorno das 19:00h, os que queiran asistir deberán mercar unha entrada que custará 6 euros, e que poderán mercarse en Exposalnés ou na Taberna Mans de Gaiteiro, en Barrantes.
Os asistentes poderán desfrutar dun festival cheo de humor e música, que correrá a cargo de Son do Sil ou Bruno Canario entre outros.