A variante noiesa entrará en funcionamento en xullo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/26/feijoovariantenoia2605141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/26/feijoovariantenoia260514.mp4{/flowplayer} NOIA> Así o anunciou esta mañá o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, durante unha visita ás obras, aproveitando a realización dunha proba de carga sobre a ponte que cruza a ría. Con estas palabras, despois de supervisar a proba de carga realizada sobre a ponte que cruza a ría noiesa, á que se referiu coma unha das grandes obras no que a viadutos se refire dos existentes na nosa comunidade, Alberto Núñez Feijoo, confirmaba, para a primeira fin de semana de xullo, a apertura da variante noiesa. Esta nova infraestrutura, significará, segundo el, un antes e un despois na historia desta comarca, presupostada nuns 50 millóns de euros e que virá a mellorar a accesibilidade e reducirá os tempos de conexión desta comarca con Santiago. O titular da Xunta referiuse tamén a esta actuación coma un exemplo máis do compromiso do actual Goberno Autonómico con esta comarca na que se levan investido uns 250 millóns nos últimos anos. Durante a visita un grupo de veciños da zona de Taramancos, que dende hai tempo veñen reclamando un paso peonil subterráneo que lles permita poder acceder as súas fincas e a zona da praia, mantiveron un encontro co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, quen se comprometeu in situ a dar resposta á súa demanda coa construción dun novo paso inferior que coincide coa reposición do camiño real existente.