O hostaleiro Óscar España postúlase para presidir a ABE

    BOIRO> A súa candidatura foi presentada esta mañá na propia sede da Asociación Boirense de Empresarios. Dase a circunstancia de que este xoven empresario, relacionado co sector da hostalería, ó ser o propietario da Cervecería Guilligans, xa formaba parte da anterior directiva da patronal boirense, na que ocupaba o cargo de tesoureiro. A de España é a primeira das alternativas que se presentan a ocupar o cargo de presidente da ABE. O prazo de presentación de candidaturas segue aberto ata o martes 3 de xuño e as eleccións terán lugar un día despois, o mércores 4 de xuño, ás nove da noite na propia sede da entidade.