Louzán non pecha a porta a que Peña e Aragunde sexan os deputados de O Salnés

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/louzan_valoracion_politica.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/louzan_valoracion_politica.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> A piques de cumprirse unha semana dende a constitución das corporacións municipais, a da Deputación terá que agardar ata mediados de xullo. Cando menos, iso ven de asegurar o aínda presidente provincial. O Partido Popular aínda ten pendente, incluso, a selección dos doce deputado que representarán á formación no pleno do vindeiro mandato.

O asento do presidente da Deputación de Pontevedra aínda descoñece quen será o seu ocupante para os vindeiros catro anos.

Segundo o presidente en funcións, a constitución da corporación provincial celebrarase a mediados do mes de xullo. Cando menos publicamente, descoñécese se BNG e PSOE están a avanzar nas negociacións que sentarían á socialista Carmela Silva á fronte do organismo.

Pola súa parte, o Partido Popular tampouco decidiu os nomes dos seus deputados, aínda que Louzán deu a entender que, no caso do partido xudicial do Salnés, os nomes que soan para ocupar os postos son os exalcaldes Luis Aragunde e Salomé Peña.

O vindeiro 26 de xuño Rafael Louzán presidirá o seu último pleno ordinario, cando menos deste mandato.