RIANXO> Ó redor dunhas vinte embarcacións de profesionais, na súa maioría con base en Cambados, participan na actividade extractiva.
Unha vintena de embarcacións, principalmente de Cambados e Rianxo, participan na campaña da vieira que vén de poñer en marcha o pósito rianxeiro. Tras unha primeira denegación por estar fóra de prazo, a confraría obtivo finalmente autorización da consellería do Mar para a extracción e comercialización do recurso, que ata o momento explotaba en exclusiva o pósito cambadés.
Tratase dunha campaña exprés, que se iniciou o pasado mércores e, en principio, rematará este venres. Aínda que o pósito rianxeiro ten solicitado dous días máis de actividade para a vindeira semana debido ó retraso no comezo.
Cada xornada os profesionais poderán extraer un total de mil douscentos quilos de vieira. Nos primeiros días o resultado foi moi positivo con capturas que superaron a tonelada e un prezo medio próximo ós seis euros.O desenvolvemento desta campaña foi posible grazas ó acordo acadado entre a confraría rianxeira e a empresa Mariscos Veiro, encargada da evisceracion do bivalvo. Un acordo que o pósito rianxeiro confía en poder seguir mantendo para vindeiras campañas.
Comments are closed.