RIBEIRA> O BNG de Ribeira demanda ó goberno que habilite unha partida para castración de colonias felinas. Neste sentido, demandan que lle dean continuidade ó traballo desenvolvido durante o seu mandato na área de Benestar Animal.
Os nacionalistas de Ribeira levarán o próximo luns unha iniciativa a pleno demandando unha partida de cinco mil euros para a castración de colonias felinas. Trátase dunha contía mínima para continuar co labor de control destas colonias, en cumprimento das demandas das asociacións e protectoras de animais e en beneficio de toda a cidadanía.
Dende o BNG lembran que durante o seu mandato puxeron en marcha a concellería de Benestar Animal, dende a que teñen impulsado diversas medidas como a ampliación de praias caninas no municipio que conta actualmente con 5. Instan ó actual executivo a continuar co labor iniciado dende esta concellería para garantir o cumprimento da Lei de Benestar Animal.











