Ribeira solicita que a Festa do Percebe sexa de interese turístico galego

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/27/solicitudefestapercebeintereseturistico2705141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/27/solicitudefestapercebeintereseturistico270514.mp4{/flowplayer}

RIBEIRA> O concello pretende darlle un impulso a esta celebración, que mesmo o ano pasado correu o risco de non celebrarse.

O pleno da corporación municipal abordou na sesión de onte a solicitude de declaración da Festa do Percebe de Aguiño coma de Interese Turístico Galego. Trátase segundo o alcalde, Manuel Ruíz, dunha vella aspiración do equipo de goberno de cara a impulsar e promocionar esta celebración, que pasa por ser unha das citas gastronómicas de maior calado das que se veñen celebrando nesta comarca. A solicitude, que foi aprobada pola totalidade dos grupos que compoñen a corporación municipal, seralle remitida a Axencia de Turismo de Galicia, organismo que deberá analizar e valorar o expediente de solicitude enviado polo concello, paso previo á súa aprobación polo Consello da Xunta e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para su aprobación e declaración definitiva.