Xosé A. Pérez optará a reelección coma patrón maior de Ribeira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/eleccionsconfrariaribeira2905141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/29/eleccionsconfrariaribeira290514.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> As tan ansiadas eleccións nos pósitos están previstas para o 28 de xuño. Aínda que o prazo de presentación de candidaturas, que será de listas abertas, dará comezo mañá, día 30 de maio, son xa varias as propostas que ó parecer se presentarán ás eleccións do pósito ribeirense. Unha delas será a do propio patrón maior, Xosé Antonio Pérez, que opta a reelección. Pérez confirmou a súa intención de volver a presentarse, xunto á maior parte do seu equipo, coa finalidade de rematar diversos proxectos aínda pendentes no pósito. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto dende mañá, 30 de maio, ata o próximo día 5 de xuño. O proceso electoral extenderase entre o día 20 e 26 de xuño, mentres que as votacións están fixadas para o día 28.